Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 16 de outubro de 2002 Páx. 14.764

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e data de realización dos exercicios de oposición da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O punto 2 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que os exercicios de oposición da fase de selección realizaranse no lugar, data e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de sete días naturais de antelación, polo que, esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), das seguintes categorías de facultativo especialista de área: alergoloxía, análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, anxioloxía e cirurxía vascular, aparello dixestivo, bioquímica clínica, cardioloxía, cirurxía cardiovascular, cirurxía xeral e aparello dixestivo, cirurxía maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía torácica, cirurxía plástica e reparadora, dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmacoloxía clínica, farmacia hospitalaria, hematoloxía e hemoterapia, inmunoloxía, medicina do traballo, medicina intensiva, medicina interna, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, pneumoloxía, neurocirurxía,

neurofisioloxía clínica, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, oncoloxía radioterápica, otorrinolaringoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, psiquiatría, radiofísica hospitalaria, radiodiagnóstico, rehabilitación, reumatoloxía, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, uroloxía, xeriatría; así como da categoría de pediatra de atención primaria.

Segundo.-O chamamento iniciarase ás 9.45 horas do día 27 de outubro de 2002, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

O chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos