Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de subministración, por concurso público, polo procedemento aberto, para a adquisición de dous xogos educativos electrónicos.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de 1.100 exemplares dun xogo educativo electrónico destinado ós alumnos de educación infantil e 740 dun xogo educativo electrónico para alumnos de educación primaria.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 159, do 20-8-2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 72.200 A.

5. Adxudicación:

a) Data: 10-9-2002.

b) Contratista: Alday Technologys, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 69.329,36 A.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística