Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2002 pola que se declara deserto o concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais derivadas das actividades levadas a cabo polos alumnos de formación profesional na realización de prácticas en empresas.

Por Resolución do 28 de xuño de 2002 anunciouse polo sistema de concurso de procedemento aberto declarado de urxencia, a contratación dunha póliza

de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais derivadas das actividades levadas a cabo polos alumnos de formación profesional na realización de prácticas en empresas.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e demais lexislación vixente, e con base na proposta formulada pola mesa de contratación reunida o día 29 de agosto de 2002,

RESOLVO:

Declarar deserto o concurso convocado por Resolución do 28 de xuño de 2002, por terse presentado

unha única oferta económica cunhas condicións que non figuran no prego de cláusulas técnicas particulares e seren gravosas para a Administración.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria