Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Martes, 15 de outubro de 2002 Páx. 14.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 9 de setembro de 2002 pola que se renova a acreditación do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na Comunidade Autónoma polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, dictado en desenvolvemento do Real decreto 561/1993, do 16 de abril, polo que se establecen os requisitos para a realización de ensaios clínicos con medicamentos, e o Real decreto 634/1993, do 3 de maio, sobre condicións dos productos sanitarios implantables activos, modificado polo Real decreto 1662/2000, do 29 de setembro, sobre productos sanitarios para diagnóstico «in vitro».

A renovación da acreditación dos comités éticos de investigación clínica, ós que lles corresponde informar todo ensaio clínico que se realice dentro do seu ámbito territorial, debe ser resolta polo conselleiro de Sanidade, conforme os artigos 9 e 12.2º do citado Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, a proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios, posto que na actualidade o dito comité ético encóntrase adscrito a ela, en virtude do disposto no artigo 23 do Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Ó abeiro do disposto nos artigos 10 e 11 do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, con data do 8 de xullo do 2002, o secretario do comité ético presentou solicitude de renovación da acreditación, xuntando a documentación necesaria.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e os artigos 9 e 12.2.º do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta da División de Farmacia e Productos Sanitarios, e coa conformidade da secretaría xeral,

DISPOÑO:

Artigo único.-Renova-la acreditación do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia por un período de tres anos.

O comité queda integrado polos membros que se relacionan no anexo.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Relación de membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia

Nome e apelidosCargoCentro

Fernando Tato HerreroPresidente do Comité Ético de Investigación Clínica de GaliciaXefe da Unidade de Farmacoloxía Clínica do Hospital Gil Casares

Miguel Ángel Amor OteroSecretario do Comité Ético de Investigación Clínica División de Farmacia e Productos Sanitarios

Rubén Víctor Lois CalviñoVicesecretario xeralConsellería de Sanidade

María Teresa Chuclá CuevasSubdirectora xeral de Farmacia e Productos SanitariosServicio Galego de Saúde

Paz Sobral GómezLicenciada en dereito.Servicio Galego de Saúde

Francisco Javier Blanco GarcíaMédico especialista en reumatoloxía. Coordinador de InvestigaciónC.H. Juan Canalejo

Salvador Pita FernándezMédico de atención primariaC.H. Juan Canalejo

Nome e apelidosCargoCentro

Carlos Calvo GómezMédico especialista en medicina internaC.H. Universitario de Santiago de Compostela

Ángeles Freire FojoFarmacéutica hospitalariaC.H. Arquitecto Marcide

Carlos García PorrúaMédico especialista en reumatoloxíaC.H. Xeral-Calde

Pilar Gayoso DizXefa da Unidade de Investigación de OurenseC.H. de Ourense

Jesús García MataMédico especialista en oncoloxíaC.H. de Ourense

Juan Casariego RosónMédico especialista en cardioloxíaC.H. de Pontevedra

Arturo Varela FreijanesMédico especialista en medicina internaC.H. de Pontevedra

Carmen López ValeEnfermeiraC.H. de Pontevedra

Ricardo V. García-Mayor GarcíaMédico especialista en endocrinoloxíaC.H. Xeral-Cíes

Delicias Muñoz GarcíaMédico especialista en neuroloxíaC.H. Xeral-Cíes

Francisco Javier Suso AleaMédico especialista en cirurxía xeral e aparello dixestivoHospital Meixoeiro

Joaquina Sevillano CastañoXefa do servicio de microbioloxíaPovisa

Jesús García GonzálezDirector asistencialXerencia de Atención Primaria de Lugo

Manuel Portela RomeroMédico especialista en medicina familiar e comunitariaCentro de Saúde de Outes