Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 14 de outubro de 2002 Páx. 14.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 10 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 82/02mv, iniciado o 24 de xuño de 2002 por infracción á lexislación sobre epizootias.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e últi

mo domicilio coñecido, que se sinala a seguir, a resolución do expediente sancionador nº 82/02mv acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con esta resolución, para o pagamento da sanción deberá emprega-los impresos normalizados que se lle facilitarán nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla 70, baixo 1º.

Lugo, 10 de setembro de 2002.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 82/02mv.

Denunciado: Roberto Muñoz Iglesias.

DNI: 03471449.

Último enderezo coñecido: r/ Mochas, 26-Segovia.

Feitos imputados: transportar, con data 5 de decembro de 2001, no camión matrícula SG-8499-H, 550 animais da especie porcina desde Cuéllar (Segovia) ata A Coruña, cunha guía de orixe e sanidade pecuaria nº 67.6430 incompleta.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 32 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955. Precepto sancionador: artigo 212 do Regulamento de epizootias.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 601,01 euros.

Motivo da publicación: enderezo descoñecido.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS