Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36870 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. en edificio Os Laranxos, r/ Fdez. de la Mora.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 275 m de lonxitude, con conductor de aluminio de 3x95 mm, desde o C.T. existente nomeado García Sabell ata o C.T. que se proxecta no edificio Os Laranxos, na rúa Fernández de la Mora, no concello de Ponteareas, de 630 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do R.D. 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 9 de setembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL