Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MURAS

ANUNCIO de contratación.

Aprobados por resolución da alcaldía do 23 de setembro de 2002 os pregos que rexerán o contrato privado de compra de terreos con destino á construcción de vivendas sociais no Concello de Muras por procedemento aberto, sistema concurso, tramitación urxente, expóñense ó público polo prazo de oito días para os efectos de exame e reclamacións.

Igualmente, e en virtude do disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, anúnciase simultaneamente licitación:

Obxecto do contrato: privado de compra de adquisición de bens inmobles, terreos.

Tramitación, procedemento e xeito de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

Tipo de licitación: 30.050,61 euros.

Obtención de información: Concello de Muras. Praza da Galeguidade, 4. 27836, Muras.

Presentación de proposicións: oito días naturais seguintes á derradeira publicación de anuncio no BOP ou no DOG.

Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó derradeiro prazo de presentación de proposicións.

Garantías: non se esixen.

Criterios de selección: os indicados no prego.

Modelos de proposición: o do prego.

Gastos: os tributos estatais, autonómicos e locais que deriven do contrato.

Muras, 23 de setembro de 2002.

Isaam Alnagm Azzam

Alcalde