Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.638

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

No DOG nº 139 de xullo publicouse un anuncio sometendo a información pública un Plan parcial de iniciativa particular para un sector da área 6 de SUNP na Zapateira, que foi aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno o día 2-5-2002.

Como resultado da información pública púxose de manifesto a posibilidade de que existan no ámbito propietarios descoñecidos, polo que se considera conveniente a publicación dun novo anuncio describindo con detalle o ámbito afectado, que é o seguinte, segundo título de propiedade do promotor da actuación:

Porción do monte Espírito Santo, parroquia de San Salvador de Orro, municipio de Culleredo.

Estremas:

Norte: límite co Concello de Arteixo.

Sur: Olsanova, S.L.

Leste: camiño que vai a Orro e porción segregada da mesma parcela.

Oeste: Olsanova, S.L., camiño veciñal e terreo de Manuel Deus.

No catastro de bens de natureza rústica o ámbito sitúase no polígono 30 e abrangue total ou parcialmente as seguintes parcelas: 2, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 54, 55, 56, 57, 58, 59, 65, 80, 84, 85, 87, 88, 89, 90, 91, 92, 93, 94, 95, 96, 97, 98, 99, 106, 107, 108, 109, 110, 114, 115, 116, 117, 119, 120, 122, 123, 124, 125, 9001, 9002, 9003, 9004, 9005, 9006, 9007, 9500, 9501, 9502, 9503.

O presente anuncio servirá de notificación a posibles propietarios do ámbito, se os houbese, os cales poderán examina-lo documento inicialmente aprobado e presenta-las alegacións que estimen convenientes no prazo dun mes contado desde a súa publicación no DOG.

Culleredo, 16 de setembro de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo

C0NCELLO DE MURAS