Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CESURAS

CONCURSO, con procedemento aberto, para a adquisición de terreo e edificación para servicios municipais.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cesuras (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: ATC 01/02.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de terreos e edificación para servicios municipais.

b) Situación: na parroquia de Bragade ou Dordaño, o máis preto posible da Casa do Concello de Cesuras. Deberá contar con acceso rodado.

c) Superficie: entre 5.000 e 6.000 m.

d) Condicións urbanísticas: os usos urbanísticos permitidos no predio ou terreos e na edificación que se van ofrecer, deberán ser compatibles co destino previsto para eles.

e) Edificación: sobre o predio que se vai adquirir deberá existir, na actualidade, unha edificación que sexa utilizable ou aproveitable polo Concello como garaxe e almacén ou depósito de ferramenta e maquinaria diversa. A dita edificación deberá ter unha superficie útil mínima de 450 m e unhas alturas mínimas de 3 metros de cornixa e 5 metros de cumieira.

f) Estado: os terreos e a edificación deberán estar libres de cargas ou gravames e sen arrendatarios ou ocupantes por calquera título, incluso o precario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

O importe máximo do prezo establécese na suma de 48.000 euros, tributos incluídos. Ofertas á baixa.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do prezo de licitación (ver cláusula 15ª do prego).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Cesuras.

b) Enderezo: O Forte-Bragade, s/n.

c) Localidade e código postal: Cesuras (A Coruña), 15391.

d) Teléfono: 981 79 00 01.

e) Telefax: 981 79 01 29.

f) Correo electrónico: jose.sanchez*cesuras.dicoruna.es.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o final do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite da presentación: 13 días naturais desde a última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a prevista na cláusula 10ª do prego que rexe o contrato (BOP nº 163, do 17 de xullo de 2002; páxinas 6.083 e seguintes).

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cesuras, das 9 ás 14 horas.

8. Apertura das ofertas:

a) Lugar: na Casa do Concello de Cesuras.

b) Data: quinto día hábil posterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas, agás que ese día fose sábado; neste caso sería o luns seguinte.

c) Hora: ás 12 horas.

9. Outras informacións:

Véxase o prego de cláusulas administrativas.

10. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Cesuras, 5 de setembro de 2002.

José Ferreiro Pardiñas

Alcalde