Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2002 pola que se anula o expediente 33/2002 e se anuncia novo concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación urxente, para a contratación da subministración que se cita.

Advertidas discrepancias na documentación integrante do prego de cláusulas administrativas do expediente 33/2002 (DOG do 24 de setembro) procede acorda-la anulación e a tramitación deste novo expediente 36/2002.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 36/2002.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: material informático para a Escola Superior de Enxeñería Informática. b) Numero de unidades para entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: non procede. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: o indicado no prego de claúsulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 90.000 euros, IVE incluído.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46, edificio anexo ó Rectorado, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documento e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas: a) Fecha límite de presentación: o oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Arenal nº 46, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte ó data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: Sala de Xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de

ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 7 de outubro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo