Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de setembro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do seu respectivo contrato de compravenda ó debedor en réxime de compravenda, José M. Terleiro Beiro, P-044/02, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e tendo en conta o disposto no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, intentada a notificación persoal, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido (identificado por núm. de expediente e conta) que a continuación se relacionan, a proposta de resolución do seu contrato de compravenda, por falta de pagamento do prezo da vivenda de promoción pública que lle fora adxudicada.

Tal feito constitúe causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

Tendo en conta o disposto nos artigos 30 do Decreto 2114/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial, 138 a 144 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, e 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, no artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial e no artigo 8.5º da Lei 29/1998,

do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e demais normas de xeral e pertinente aplicación, proponse:

A resolución de pleno dereito do contrato de compravenda da vivenda de promoción pública, que se relaciona no anexo e o lanzamento dela dos seus ocupantes.

Fronte a esta proposta, que non é susceptible de recurso, os interesados poderán presentar alegacións e os documentos que estimen convenientes, nun prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta cédula.

Pontevedra, 19 de setembro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/480 (expte. desaf. P-044/02).

Cta.: 40.

Nome: José M. Terleiro Beiro.

Último enderezo coñecido: r/ Romil, 88, 3º D en Vigo-Pontevedra.