Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de setembro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores en réxime de compravenda, Antonio Rodríguez Bouzas, P-122/02, Flora Domínguez López, P-045/02, José M. Amorín Lorenzo e Mª Begoña Amorín Lorenzo, P-049/02, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícase ós interesados cos datos e último enderezo coñecido (identificado por número de expediente e conta) que a continuación se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda, os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que coide convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 18 de setembro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-81/010 (expte. desaf. P-122/02).

Cta.: 80.

Nome: Antonio Rodríguez Bouzas.

Último enderezo coñecido: r/ Alemaña, nº 45, 4º D en Monteporreiro-Pontevedra.

Importe débeda: 15.120,48 A.

Expediente: PO-81/010 (expte. desaf. P-045/02).

Cta.: 45.

Nome: Flora Domínguez López.

Último enderezo coñecido: r/ Luxemburgo, blq B-2, ptal 1º A en Monteporreiro-Pontevedra.

Importe débeda: 14.470,69 A.

Expediente: PO-83/520 (expte. desaf. P-049/02).

Cta.: 6.

Nome: Mª Begoña Amorín Lorenzo.

Último enderezo coñecido: estr. da Balsa, blq. 1, vivendas grupo sindical. Matamá-Vigo.

Importe débeda: 16.943,79 A.

Expediente: PO-83/520 (expte. desaf. P-049/02).

Cta.: 6.

Nome: José M. Amorín Lorenzo.

Último enderezo coñecido: estr. da Balsa, blq. 2, vivendas grupo sindical. Matamá-Vigo.

Importe débeda: 16.943,79 A.