Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 12 de setembro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-01366-O-2001).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, unha vez firmes as resolucións sancionadoras que se citan nel sen que os sancionados as aboaran, procedan ó pagamento delas.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso

que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390001, co apercibimento de que de non facelo así no dito prazo se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

Fiador

Último enderezo coñecido

OU-01366-O-2001

83-98-QL

G.C. de Tráfico

Transportes Irmaos Barbosa, Lda.

Sao Martinho, 217

Rebordosa-Paredes, 4580 Portugal

Realizar un período de conducción diaria de 14 horas. Período comprendido entre as 4.30 horas e as 23.45 horas do día 17. Período de conducción realizado en territorio español con final en Madrid.

20-4-2001; 19.30; A-52; 218

Artigo 140 b) da Lei

16/1987 e artigo 197 b)

do R.D. 1211/1990

Artigo 143 da Lei

16/1987 e artigo 201

do R.D. 1211/1990

1.502,53

euros

Pedro Herrero Velasco

Ramón y Cajal, 5-2º B,

36000 Baiona (Pontevedra)