Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 11 de outubro de 2002 Páx. 14.623

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VIVEIRO

EDICTO (231/2001).

No procedemento de refrencia dictouse sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia número 106.

En Viveiro, quince de xullo de dous mil dous.

Vistos por min, Marta Canales Gantes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta localidade, estes autos de separación matrimonial contenciosa, seguidos co número 231/2001, promovidos por María del Pilar Díaz Piqueras, representada polo procurador Constantino Prieto Vázquez, e baixo a dirección letrada de F. Valle Rey, contra Manuel Ventura Yáñez Vázquez, en situación procesual de rebeldía, sen a intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando integramente a demanda de separación promovida polo procurador Constantino Prieto Vázquez en nome e representación de María del Pilar Díaz Piqueras, contra Manuel Ventura Yáñez Vázquez, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a separación do matrimonio integrado por ámbolos cónxuxes, con tódolos efectos legais inherentes a esta declaración.

Acordo as seguintes medidas definitivas:

Primeiro.-Cesa a presunción de convivencia conxugal e quedan revogados os consentimentos e poderes que calquera deles lle outorgase ó outro, cesando igualmente a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica.

Segundo.-Na orde patrimonial: rexe entre ambos a separación de bens en virtude de escritura de capitulacións matrimoniais outorgada ante a notario de Viveiro, Inamaculada Espiñeira Soto, o día 19 de maio de 1999, a cal consta anotada á marxe da inscrición de matrimono o día 24 de maio dese mesmo ano.

Non se fai especial pronunciamento sobre as custas.

En canto sexa firme esta resolución, líbrese exhorto ó encargado do Rexistro Civil de Xove, no que consta inscrito este matrimonio: libro 17, folio 181, da sección segunda, para que proceda á práctica das anotacións oportunas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentencia poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, formalizándose ante este mesmo xulgado, con suxeición ó disposto nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuña para a súa incorporación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Marta Canales Gantes. Asinado. Rubricado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Manuel Ventura Yáñez Vázquez, e para a súa publicación no DOG, esténdese esta para que sirva de cédula de notificación.

Viveiro, 19 de setembro de 2002.

O/A secretario/a

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA