Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, da seguinte obra:

Obxecto: ampliación da gardería infantil municipal.

Orzamento: 180.310 euros.

Fianzas: provisional: 2% do tipo. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo de execución: 6 meses.

Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 13 días naturais contados a partir do anuncio de licitación no BOP.

Prego de cláusulas: poderase recoller na secretaría do concello, das 9 ás 14 horas.

Vilanova de Arousa, 2 de setembro de 2002.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde