Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 1/2002 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín no polígono industrial de Pazos.

Para cumprir co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases de réxime local, e 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva da modificación puntual nº 1/2002 do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que co quórum que esixe o artigo 47.3º i) da Lei de bases de réxime local, e 215.2º i) da Lei de Administración local de Galicia, acordou o Pleno do Concello na súa sesión do 26-9-2002, recolléndose a continuación a parte dispositiva do acordo que se adopta:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín nº 1/2002, no polígono industrial de Pazos, segundos os termos nos que se atopa redactada. Abrangue esta aprobación definitiva tódolos documentos, previsións e manifestacións que no referido documento figuran.

Segundo.-Publica-la aprobación definitiva da modificación do PXOM de Verín no Diario Oficial de Galicia e no BOP, inserindo neste último integramente o texto que proceda.

Terceiro.-Cumpri-las restantes previsións que establece o artigo 48 da Lei do solo de Galicia para que a aprobación definitiva da modificación do PXOM que se acorda sexa plenamente efectiva e eficaz.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde