Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002 pola que se anuncia a prórroga no prazo da convocatoria para a presentación de solicitudes de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Portonovo.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a prórroga do prazo da convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas instalacións para a náutica recreativa no porto de Portonovo, por período de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, na sede da zona sur deste ente público, sita na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia