Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de setembro de 2002, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (1/2002 e tres máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

-Expediente número: 1/2002.

Denominación: monte da Lama.

Comunidade propietaria: veciños do lugar da Lama.

Parroquia: Noceda.

Concello: Cervantes.

Superficie: 133 hectáreas.

Estremas:

Parcela nº 1:

Norte: monte veciñal en man común pertencente ós veciños do lugar de Noceda (expediente 21/82). Leste e sur: monte veciñal en man común pertencente ós veciños do lugar de Vilanova do Pedregal (expediente 8/83). Oeste: predios particulares.

Parcela nº 2:

Norte: monte veciñal en man común pertencente ós veciños do lugar de Noceda (expediente 21/82). Leste: predios particulares e monte veciñal en man común pertencente ós veciños do lugar de Vilanova do Pedregal (expediente 8/83). Oeste: monte veciñal en man común pertencente ós veciños dos lugares de Vilarello da Igrexa, Vilarello do Río e San Miguel (expediente 103/78).

-Expediente número: 2/2002.

Denominación: monte da Farrapa.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Argomoso.

Concello: Mondoñedo.

Superficie: 21,4 hectáreas.

Estremas:

Norte: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia de Argomoso (expediente 6/98). Leste: superficies abertais de Moncapelo. Sur: superficies abertais de Moncapelo e termo municipal da Pastoriza. Oeste: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia de Argomoso (expediente 6/98) e termo municipal da Pastoriza.

-Expediente número: 3/2002.

Denominación: monte Lama do Espiño e Xaneiras.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Maside.

Concello: Sarria.

Superficie total: 4,70 hectáreas.

Estremas da parcela Lama do Espiño-2,05 hectáreas:

Norte: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia de Ortoá (expediente 68/78).

Leste e sur: camiño. Oeste: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia de Ortoá (expediente 68/78) e camiño.

Estremas da parcela Xaneiras-2,65 hectáreas:

Norte: monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia de Ortoá (expediente 68/78). Leste e sur: predios particulares. Oeste: predios particulares e monte veciñal en man común pertencente ós veciños da parroquia de Ortoá (expediente 68/78).

-Expediente número: 4/2002.

Denominación: monte de Seteventos (parcelas: Pousada, A Cuada e Fondón).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Seteventos.

Concello: Sarria.

Superficie total: 13,91 hectáreas.

Estremas da parcela Pousada-1,85 hectáreas:

Norte: estrada C-535. Leste: termo municipal de Láncara. Sur e oeste: predios particulares.

Estremas da parcela A Cuada-8,41 hectáreas:

Norte e oeste: camiño. Leste e sur: predios particulares.

Estremas da parcela Fondón-3,65 hectáreas:

Norte e leste: predios particulares. Sur: camiño e predios particulares. Oeste: camiño que une a estrada C-535 co lugar de Reboredo.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 4 de xullo de 2002 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formularen perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 12 de setembro de 2002.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo.