Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/128-2, 5923 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subt. CC.TT. 630 kVA R.B.T. subt. prolong. Constancia de Castro.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 75 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z.1 con orixe en C.T. Gruta e final en C.T. de prolongación Constancia de Castro (punto A). L.M.T. a 20 kV de 45 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z.1 con orixe en C.T. de prolongación Constancia de Castro (punto A) e final en C.T. de prolongación Constancia de Castro (punto B). L.M.T. a 20 kV de 30 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z.1 con orixe en C.T. de prolongación Constancia de Castro (punto B) e final en C.T. de prolongación Constancia de Castro. 2 C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. de 90 m de lonxitude conductor tipo R.V. R.B.T. de 30 m de lonxitude conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 6 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo