Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 10 de outubro de 2002 Páx. 14.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/126-2, 5921 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación A Lousada.

Situación: Xermade.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 587 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. A Lousada e final en C.T. de Teixido. L.M.T. a 20 kV de 86 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. A Lousada e final en C.T. Campo da Feira. L.M.T. a 20 kV de 32 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. A Lousada e final en C.T. Sumerio. 3 C.T.A. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. a de 5.500 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo