Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de setembro de 2002, da Área Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Ángeles Vizcaíno Requena a resolución acordada no expediente de desafiuzamento administrativo 4/2002.

De conformidade co disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido da interesada (rúa Val de Lemos, bloque C, 2º-6º de Monforte de Lemos) notifícaselle a Ángeles Vizcaíno Requena a Resolución do 10 de setembro de 2002 do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda de promoción pública que lle fora adxudicada, identificada co expediente LU-80/030, conta 50, por non paga-las cotas mensuais da vivenda.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa cabe interpoñer recurso de alzada diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Ángeles Vizcaíno Requena, con DNI 35540614, beneficiaria da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Val de Lemos, bloque C, 2º-6º de Monforte de Lemos (Lugo) correspondente ó:

Expediente: LU-80/030, conta 50, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes feitos:

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite cer

tificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 1.655.046. pesetas, na data 15 de outubro de 1996.

2. Que requirido por carta certificada con xustificante de recibo, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debidas nesa esa data, o requirimento foi devolto polo servicio de correos e posteriormente notificado conforme establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O dito requirimento non foi atendido no prazo outorgado para o efecto.

3. O 21 de agosto de 2002, a débeda ascende a 18.201,99 euros, por falta de pagamento dos recibos correspondentes ós meses do período decembro 1986 a xullo de 2002, ambos incluídos.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, artigo 17-g, de estructura orgánica de este organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

Primeiro.-Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que se levará a cabo polo funcionario do IGVS que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado que de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda co recargo do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, e achegando xustificante de atoparse ó corrente coa comunidade de propietarios.

Segundo.-A resolución en firme do contrato suporá a prohibición para contratar coa administración nos termos previstos no artigo 20 c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan.

Lugo, 10 de setembro de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Adxudicataria: Ángeles Vizcaíno Requena.

Expediente: LU-80/030 (expediente de desafiuzamento 4/2002).

Conta: 50.

Enderezo: rúa Val de Lemos, bloque C, 2º-6º de Monforte (Lugo).

Débeda: 18.201,99 euros.