Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/108-2, 5897 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Aureanos-Piñeiro.

Situación: Xermade.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude de 0,387 km con orixe na L.M.T. a C.T. de Pena conductor tipo LA-56 e final no C.T.I. Aureanos. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea de 0,32 km de lonxitude con orixe no C.T.I. Aureanos e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo