Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/333-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: Gondar, 36612 Catoira.

Denominación: L.M.T. Lombas-Penede.

Situación: concello de Catoira.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 500 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o centro de interconexión de Unión Fenosa nas Lombas ata o apoio de derivación ó C.T. Penede, no concello de Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 25 de setembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra