Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Mércores, 09 de outubro de 2002 Páx. 14.527

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban definitivamente as relacións de admitidos e excluídos e se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso L-01/2002 convocado pola Orde do 18 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 119, do 21 de xuño).

Convocado o concurso L-01/2002 para a provisión de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia que foi publicado no DOG nº 119, do 21 de xuño de 2002, e á vista da proposta realizada pola comisión de valoración de conformidade co establecido na base 7ª da convocatoria, esta dirección xeral.

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-las relacións definitivas dos solicitantes admitidos e excluídos no concurso L-01/2002 e facer públicas as puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Estas relacións encóntranse expostas nas seguintes dependencias:

-Taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e na Dirección Xeral da Función Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas Comarcais da Xunta de Galicia.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo.

Segundo.- Os aspirantes admitidos que non estean de acordo coa puntuación provisional disporán, de conformidade co disposto na base 7.1º da convocatoria, dun prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para que aleguen a desconformidade coa puntuación provisional así como as razóns desta. As alegacións deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Terceiro.-Contra a relación definitiva de admitidos e excluídos poderase formular reclamación administrativa previa á vía xudicial laboral, ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26

de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública