Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO de adquisición de locais para a Escola de Artes e Oficios.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para o concurso de adquisición de locais para a Escola de Artes e Oficios desta deputación, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente, con tipo máximo de licitación de 625.000 euros. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 30 de setembro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense