Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO de adquisición de pensos, fertilizantes minerais e sementes para o ano 2003.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de pensos, fertilizantes minerais e sementes para 2003, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de

documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 30 de setembro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense