Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración e instalación de equipamento con destino á piscina cuberta climatizada de Melide, códigos 99.7450.0026.0/1. (Expediente 02/7192 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación de equipamento con destino á piscina cuberta climatizada de Melide.

Lugar de entrega e instalación: municipio de Melide.

Prazo de execución: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 18.030,36 euros, desagregado en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5, 15003 A Coruña. Telf.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 23 de setembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Presidente da Deputación Provincial da Coruña