Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO de toma de coñecemento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello de Vedra, en sesión do 20 de setembro de 2002, acordou:

Primeiro.-Tomar coñecemento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal redactado por Oficina de Planeamiento, S.A.

Segundo.-Abrir un período de información pública, segundo o disposto no artigo 41.1º da Lei 1/1997,

do 24 de marzo, do solo de Galicia, durante un mes contado a partir da publicación do presente anuncio no DOG, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen pertinentes. Tamén se publicará nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Así mesmo, remitirase un exemplar do avance á Delegación do Goberno en Galicia, á CPTOPV da Xunta de Galicia e ós concellos limítrofes.

A documentación do presente expediente atópase ó dispor do público en xeral nas oficinas municipais.

Vedra, 26 de setembro de 2002.

Odón C. Cobas García

Alcalde