Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 08 de outubro de 2002 Páx. 14.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria de axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2002 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Por Orde do 22 de abril de 2002 (DOG do 6 de maio) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas económicas para a realización de actividades de formación dirixidas ó profesorado de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2002 e organizadas polos movementos de renovación pedagóxica e as asociacións e fundacións con fins pedagóxicos.

Vista a proposta formulada pola comisión de selección, e de conformidade coa base 10 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322I.480.0, as axudas que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-O pagamento das axudas económicas farase unha vez realizada a debida xustificación. A xustificación farase de xeito individualizado, por actividade, segundo a cantidade asignada pola comisión de selección.

Terceiro.-O prazo de xustificación, segundo o punto 11 da orde de convocatoria remata o 29 de outubro de 2002, para as actividades que finalicen ata o 30 de setembro incluído, e o 4 de decembro de 2002 para as actividades realizadas de outubro a decembro do mesmo ano.

Cuarto.-Unha vez rematado o prazo de presentación das documentacións xustificativas das axudas económicas concedidas, reunirase a comisión para face-la súa avaliación.

Quinto.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Sexto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) que modifica a Lei 30/1992, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

AXUDAS A MOVEMENTOS DE RENOVACIÓN PEDAGÓXICA E ASOCIACIÓNS

(ORDE DO 22 DE ABRIL DE 2002, DOG DO 6 DE MAIO)

ENTIDADE

AXUDA

CONCEDIDA

SINDICATO DE TRABALLADORES DO ENSINO DE GALICIA3.528,60

FUNDACIÓN QUINESIA1.650,00

ASOCIACIÓN DE MESTRES DOS COLEXIOS RURAIS AGRUPADOS DE GALICIA941,44

SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ2.587,16

NOVA ESCOLA GALEGA7.417,80

CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA DO ENSINO7.803,79

ASOCIACIÓN PEDAGÓXICO-CULTURAL SOUTULLO1.293,58

ASOCIACIÓN GALEGA DE DOCENTES DE EDUCACIÓN FÍSICA941,44

ASOCIACIÓN DE ENSINANTES DO SALNÉS CANDEA3.056,02

ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESORES DE ESPAÑOL1.293,58

ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALAICO-PORTUGUESA5.439,30

ANPE-SINDICATO INDEPENDIENTE A CORUÑA1.965,00

ANPE-SINDICATO INDEPENDIENTE2.447,51

ASOCIACIÓN DE PROFESORES DE EIOs DE GALICIA941,44

GRUPO ALETHEIA941,44

FEDERACIÓN DO ENSINO DE CC.OO. DE GALICIA7.294,36

A.R.P. PAIDES PARTHENOI1.645,72

AGAPEMA2.204,46

MRP APJEGP4.939,30

MRP UNIVERSIDADE POPULAR DE CORCUBIÓN2.939,30

FETE-UGT GALICIA2.587,16

ESCOLA VIVA9.055,06

ASOCIACIÓN SOCIO-PEDAGÓXICA GALEGA9.100,00

ESCOLA PARA TODOS3.079,20

COLECTIVO XELMÍREZ941,44

ASOCIACIÓN CULTURAL ESCOLA CRÍTICA1.293,58

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ORIENTACIÓN Y PSICOPEDAGOGÍA (GALICIA)941,44

MRP-LUCUS1.882,88

TOTAL90.152,00