Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente sancionador 8/2002 a Promotora Veiguiña, S.L.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou o expediente sancionador 8/2002, seguido en función de denuncia formulada por Jesús Fernández Cobas, contra a pro

motora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L., finalizando este trámite con resolución de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para amaña-las deficiencias denunciadas na vivenda 1º E do número 6 da rúa Santiago, de Monforte de Lemos.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente sancionador 8/2002.

Vista a denuncia presentada por Jesús Fernández Cobas da vivenda 1º E da rúa Santiago, 6 de Monforte de Lemos, contra a promotora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L., e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 9 de novembro de 2000, por Jesús Fernández Cobas, formúlase denuncia diante desta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción na vivenda 1º E do inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 433/2000, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a execución deste, notificado ó denunciado en data do 2 de marzo de 2002.

Terceiro.-Con data do 11 de xuño de 2002 dictouse proposta de resolución do meritado expediente sancionador, notificada ó denunciado a través de publicación no Diario Oficial de Galicia número 143, de data 26 de xullo de 2002, pola que se propoñía a imposición á promotora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L., dunha sanción consistente nunha multa de 3.005,07 euros e inhabilitación para participar en promocións de vivenda de protección oficial durante un prazo de catro años.

Concedido un prazo de 15 días a denunciante e denunciado para que formulasen alegacións ningunha das partes intervenientes fixo uso dese dereito.

Feito probado.

Único.-Determínase, así, como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación da realización das obras de reparación requiridas, que a promotora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L., incumpriu a obriga de amaña-las deficiencias observadas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no epígrafe e), do artigo 6, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda

que sinala que «terá a cualificación de infraccións moi graves... a neglixencia de promotores, constructores e facultativos durante a execución das obras de vivendas de protección oficial que dese lugar a vicios ou defectos que afecten á edificación de vivendas de protección oficial e se manifesten durante os 5 anos seguintes á data de expedición da cédula de cualificación definitiva».

3. Que o artigo 7, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda, sanciona con multa de 3.005,07 ata 60.101,21 euros, as infraccións cualificadas como moi graves, así como a inhabilitación para participar en promocións de vivendas de protección oficial durante un prazo máximo de seis anos, sen prexuízo da adopción de medidas de execución forzosa recollidas no artigo 96 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e a Lei 13/1996, do 30 de decembro, autorizándose en calquera caso a Administración a impoñer multas coercitivas encamiñadas a consegui-lo cumprimento das resolucións recaídas en expediente sancionador.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infracción en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

RESOLVO:

Primeiro.-Sanciona-la promotora inmobiliaria Promotora Veiguiña, S.L., como autora dunha infracción cualificada como moi grave no artigo 6 epígrafe e), da Lei 13/1996, do 30 de decembro, cunha sanción de 3.005,07 euros de multa e inhabilitación para participar en promocións de vivendas de protección oficial durante un prazo de catro anos, por incumprimento da obriga de repara-los vicios ou defectos denunciados na vivenda 1º E da rúa Santiago, 6, de Monforte de Lemos.

Segundo.-Que conforme o disposto no número 2º, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación para as que a súa execución foi requirida por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Contra a presente resolución que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada de conformidade co establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes.

Lugo, 2 de setembro de 2002.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo