Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Pedregal Tremuzo. (Expediente 1/1999).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Gamesa Energía, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela, sobre a utilidade pública das instalacións do parque eólico denominado Pedregal Tremuzo; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 24 de setembro de 1999, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A. solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Pedregal Tremuzo, de 30,36 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de apli

cación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O estudio de efectos ambientais correspondente ás instalacións electromecánicas do parque eólico someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia; 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia; e 205/1995 xa mencionado, por Resolución do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, publicada no DOG do 27 de outubro.

Terceiro.-O 30 de marzo de 2001, Gamesa Energía, S.A., presentou un anexo ó proxecto de execución do parque eólico de Pedregal Tremuzo no que se recolocan os aeroxeradores A-20 e A-21 co fin de cumprir co requirido no informe de 18 de decembro de 2000 da Dirección Xeral de Patrimonio. Así mesmo, cámbiase a máquina G-47, de 660 kW, pola G-52 de 850 kW, reducíndose o número de aeroxeradores de 46 a 36.

Cuarto.-O proxecto, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña do 20 de xuño de 2001, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966 e 2619/1966, xa mencionados; artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e Decreto 205/1995 citado. A resolución foi publicada no DOG do 17 de xullo, no BOP da Coruña do 17 de xullo, no diario La Voz de Galicia do 17 de xullo de 2001 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Muros e A Serra de Outes, dándose coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Quinto.-Durante o período de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

1. Gerardo Antonio Romero Queiro, en calidade de presidente do Club de Caza e Pesca Os Labercos manifesta que se a autoridade autonómica interpretase de forma rigorosa o artigo 8 en consonancia co disposto no artigo 25, referidos a zonas de seguridade, ambos da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, produciríase unha mingua dos seus dereitos de aproveitamento cinexético.

2. Domingo Pais Lestón e cincuenta e seis veciños máis de Outes, opóñense á construcción do parque por estaren os terreos en proceso de concentración parcelaria. A relación de bens e dereitos non se corresponde coa situación actual.

3. Xosé Manuel Romero Rodríguez comunica que existe un erro na titularidade do predio 174.

4. Francisco Suárez Cambeiro oponse á declaración de utilidade pública e conseguinte urxente ocupación, alegando que a empresa non intentou un acordo amigable. Así mesmo, alega cuestións relativas á valoración da afección, e propón unha solución de arrendamento.

5. Mª Encarnación Paz Riveiro manifesta a súa oposición á declaración de utilidade pública, alegando que non se tramitou a prevalencia sobre a actividade forestal, non existe estudio de impacto ambiental e o solo non é susceptible de uso industrial. Manifesta non ter coñecemento do proxecto de execución. Solicita a expropiación total e que se teñan en conta tódolos prexuízos na valoración da afección.

6. Carmen Suárez Cambeiro solicita documentación complementaria para a identificación da afección á súa propiedade. Alega que as cargas non se reparten equitativamente entre os propietarios da zona e non van aparelladas dunha compensación suficiente.

7. Manuela Novío Otero oponse á expropiación por entender que a súa propiedade non é imprescindible para a instalación do parque e que non se dá o requisito de utilidade pública. Así mesmo, alega cuestións relativas á valoración da afección.

8. Manuel Paz Riveiro alega que non está xustificada a declaración de utilidade pública.

9. Mª Carmen Bouza Pais comunica un cambio de titularidade no predio 274.

10. Rosa Cernadas Bouzas, e outros, solicitan a expropiación total alegando prexuízos económicos derivados da nova cualificación urbanística dos ditos terreos contida no proxecto sectorial.

Sexto.-O 13 de febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico, modificada mediante Resolución do 21 de febreiro de 2002.

Sétimo.-O 14 de febreiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

Pedregal TremuzoMurosXY

A Serra de Outes501.7304.744.000

502.2254.743.188

NomeMunicipiosVértices

502.6004.743.310

504.0584.742.435

504.1884.740.620

504.2714.740.280

504.0004.740.000

503.6704.740.496

503.4924.741.877

503.1284.742.069

502.8704.742.777

502.1634.742.731

502.1684.742.070

501.8384.742.070

501.8224.742.885

501.5064.742.885

501.5064.743.481

Nº de aeroxeradores: 36.

Potencia unitaria por aeroxerador: 850 kW.

Xeradores: G52-850 de Gamesa Eólica.

Potencia total instalada: 30,6 MW.

Producción anual estimada: 90.209 MWh/ano.

Investimento previsto: 19.170.225,40 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-36 centros de transformación de 900 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Rede eléctrica subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. kAl-H16 12/20 kV de 240 mm.

-Subestación eléctrica con transformador de potencia nominal 50 MVA e relación de transformación 20/66 kV e transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación de transformación 20/0,4 kV.

-Apareos para telemando e telecontrol, protección e sinalización das instalacións a 66 e 20 kV da subestación.

Octavo.-O 11 de xuño e o 6 de agosto procédese a dar trámite de audiencia respectivamente a Rosa Cernadas Bouzas e a María Encarnación Paz Rivero, non téndose recibido alegacións durante o citado período.

Noveno.-O 13 de setembro de 2002 foi desestimado por esta consellería o recurso de alzada que interposto por Domingo Caamaño Cendón, Domingo Pais Núñez e María Dolores Núñez Agra, contra a citada Resolución do 14 de febreiro de 2002.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; Decreto 132/1982, do 4 de novembro; Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio;

Decreto 310/2001, do 17 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración das afeccións, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo á fase de prezo xusto.

2. En canto ós posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa tomará razón delas. Non obstante, será durante o levantamento de actas, acto ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la titularidade delas, achegando a documentación acreditativa necesaria.

3. Non podemos acepta-las alegacións relativas á condición de instalación de utilidade pública e á necesidade de urxente ocupación, por estaren recoñecidas polos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico.

4. As alegacións ambientais foron tidas en conta na Resolución do 31 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se aprobou a declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

5. As alegacións de carácter urbanístico serán consideradas no momento de proceder á aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

6. Non podemos acepta-la alegación formulada por Domingo Pais Lestón e cincuenta e seis veciños máis de Outes no relativo á relación de bens e dereitos afectados: a relación comprende os predios orixinarios, xa que os predios de reemprazo non teñen aínda existencia xurídica.

Non se toma en consideración a parte referida á valoración das afeccións, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo á fase de prezo xusto.

7. En relación coas alegacións formuladas por Mª Encarnación Paz Riveiro cabe dicir que:

* Non ten lugar unha declaración de prevalencia, por non existir concorrencia de utilidades públicas, non consta a declaración de utilidade pública da citada plantación.

* Non podemos acepta-la solicitude de expropiación total do predio propiedade da alegante, que aparece reflectido co nº 50 nos planos parcelarios, por non darse as condicións esixidas no artigo 23 da Lei de expropiación forzosa. Non obstante, no levantamento de actas, acto ó que será oportunamente convocado, deberá achega-la documentación acreditativa da titularidade do predio.

8. Non podemos acepta-las alegacións formuladas por Carmen Suárez Cambeiro e Manuela Novío Otero xa que a ocupación é a estrictamente necesaria para a execución do proxecto. Así mesmo, cabe dicir que a empresa achegou a documentación preceptiva e puxo os medios necesarios para identifica-las afeccións das parcelas.

9. Non procede acepta-la expropiación total solicitada por Rosa Cernadas Bouzas e outros, por ser non darse as condicións esixidas no artigo 23 da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Pedregal Tremuzo, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001; DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio