Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 04 de outubro de 2002 Páx. 14.377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 282/2002, do 6 de setembro, polo que se establece o réxime xurídico das licencias que habilitan para o exercicio da pesca nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nos tramos finais dos ríos existe unha zona de influencia mariña que permite a coexistencia de especies específicas de cada unha das augas, ademais doutras que, pola súa condición de migradoras, pasan unha parte da súa existencia nunhas ou noutras augas.

As zonas estuáricas con frecuencia presentan ós pescadores incertezas respecto das normas que resultan de aplicación en cada caso, pois resulta nalgúns casos dificultoso determina-lo ámbito de eficacia das normas que regulan a pesca marítima e a fluvial.

Nestas zonas, nas que se mesturan as augas continentais coas mariñas, parece lóxico que sexa necesaria unicamente a disposición dunha soa licencia, que habilita o exercicio da pesca recreativa.

Por outra banda, estímase que a pesca é unha actividade de grande interese social que reclama unha especial promoción por parte dos poderes públicos e é por iso oportuno arbitrar medidas que estimulen nos máis novos e nos maiores a práctica desta actividade.

Por todo iso, e no uso das facultades previstas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por iniciativa dos conselleiros de Pesca e Asuntos Marítimos e de Medio Ambiente e por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración

Pública logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de setembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O exercicio recreativo da pesca desde as beiras, nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial, indistintamente.

Ambas licencias habilitan, nestas zonas, para a pesca tanto das especies marítimas como das fluviais non anádromas.

A pesca das especies fluviais anádromas esixirá dispor da licencia de pesca fluvial, cos seus correspondentes recargos.

Artigo 2º

Nas zonas de desembocadura non relacionadas no artigo anterior, o límite superior será o que acaden as mareas vivas, e o inferior a liña imaxinaria que une as puntas da embocadura en ámbalas marxes.

Artigo 3º

Os horarios de pesca serán os establecidos na normativa de pesca fluvial.

Artigo 4º

En canto ás modalidades e engados para a pesca serán os que resulten axeitados para cada especie, e que non estean especificamente prohibidos por algunha disposición legal.

As especificacións de cota de pezas para cada especie serán as que se establezan en cada normativa específica.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor ós tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de setembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública

ANEXO

Límites das zonas de desembocadura

Provincia da Coruña.

RíoLímite superiorLímite inferior

AnllónsCanteira de Santa MariñaLiña recta imaxinaria que une Punta Balarés con Punta Padrón

BaleoPonte do ferrocarrilLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

BaxoiPonte do ferrocarrilLiña recta imaxinaria que une Punta Bañobre con Punta dos Curbeiros de Miño

RíoLímite superiorLímite inferior

BelelleLugar de SubarreirosPonte do ferrocarril Ferrol-Pontedeume

CondomiñasPonte Nova de CedeiraLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte Burneira

Das MestasA Ponte VellaLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte Burneira

EumeLímite inferior do couto de OmbreLiña recta imaxinaria que une Punta Madanela con Punta Sentroña

ForcadasPonte vella de FerreríasLiña recta imaxinaria que une a punta do dique de Cedeira co cumio do monte Burneira

GrandeLímite inferior do couto de Ponte do PortoLiña recta imaxinaria que une Punta Sandia con Punta Roda

LambreLímite inferior do couto de LambreLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MandeoPonte vella de BetanzosLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MendoPonte nova de BetanzosLiña recta imaxinaria que une Punta dos Curbeiros de Miño con Punta Mauruxo

MaiorMuíño de LinoLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

MeraLugar de Castro-AreeiraLiña recta imaxinaria que une Punta Ladrido con Punta Descada ou Sartán

Mero100 m augas abaixo da presa da BarcalaLiña recta imaxinaria que une Punta Fiaiteira co varadoiro de Oza

SóñoraMuíños de PedrachánLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

SorSouto de XancedoLiña recta imaxinaria que une Punta do Castro con Punta do Santo

TambreLímite inferior do couto de NoiaLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

TinesLímite inferior do couto de OutesLiña recta imaxinaria que une Punta Requeixo con Punta Testal

XubiaLímite inferior do couto de XubiaPonte do ferrocarril Ferrol-Pontedeume

Provincia de Lugo.

RíoLímite superiorLímite inferior

EoPonte do ferrocarril

Ferrol-Xixón

Ponte dos Santos

LandroPonte PortachaoLiña recta imaxinaria que une a punta do peirao de Celeiro co illote A Insua

MasmaPonte da Espiñeira na estrada nacional 462 entre os concellos de Foz e BarreirosLiña recta imaxinaria que une Punta Prados coa punta da crebaondas de Foz

OuroPonte vella de FazouroPonte do ferrocarril Ferrol-Xixón

Provincia de Pontevedra.

RíoLímite superiorLímite inferior

LérezPonte do ferrocarril

Vigo-A Coruña en Monteporreiro

Liñas rectas imaxinarias que unen Punta Campelo co extremo distal do crebaondas da canle do río e este último con Punta Praceres.

MiñorPonte da XunqueiraLiña recta imaxinaria que une a punta da barra da praia Ladeira e Punta Lourido.

UllaPonte de CatoiraLiña recta imaxinaria que une Punta Seveira con Punta Rebordexo e súa continuación, bordeando a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril.

UmiaPonte Estacas, na estrada C-550Liña recta imaxinaria que une Punta San Sadurniño con Punta Borrelo.

VerdugoCarballeira dos Franceses no lugar de Camboa, na marxe dereita, e O Cafexo, na marxe esquerdaLiña recta imaxinaria que une Punta Ulló con Punta Muxeira.