Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.325

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Álabe-Terral, nos concellos de Abadín e Mondoñedo (Lugo), promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 1 de xullo de 2002, da Dirección

Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Álabe-Terral, nos concellos de Abadín e Mondoñedo (Lugo), promovido pola empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Con data do 23 de novembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) do parque eólico de referencia.

Con data do 23 de abril de 2002 recíbese nesta dirección xeral o documento titulado Estudio de impacto arqueológico del parque eólico Álabe-Terral. Addenda informe final, presentado polo promotor, co obxecto de solicita-la modificación dos condicionados establecidos na DIA en relación ós aeroxeradores T-1201 a T-1205 e infraestructuras asociadas.

A devandita documentación conta co informe favorable condicionado da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no que, á vista das novas propostas de intervención arqueolóxica e medidas correctoras relativas ás obras que recibiron informe desfavorable, considera que as obras proxectadas na zona de Pena Montrol (aliñación de aeroxeradores desde o T-1201 ata o T-1205, incluíndo o centro de recollida de media tensión MTT-1) se poderán executar cunha serie de condicionantes. Así mesmo, a citada documentación foi obxecto de informe por parte desta dirección xeral, mediante oficio con data do 1 de xullo de 2002.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente resolución a modificación da DIA do parque eólico Álabe-Terral nos termos que a continuación se indican:

No punto 1.-Ámbito da declaración, introdúcense as seguintes modificacións:

1. Elimínanse os parágrafos segundo e terceiro, onde di:

«Atendendo ó exposto no punto 7 desta DIA, non se poderán levar a cabo, na zona prevista, as obras de implantación dos aeroxeradores T-1201 ó T-1205 e as súas infraestructuras asociadas, incluíndo o centro de media tensión MTT-1».

«Os anteditos aeroxeradores, xunto coas súas infraestructuras asociadas, poderán ser resituados noutras posicións alternativas dentro da poligonal reflectida nesta DIA, sempre que nas novas localizacións se garanta a protección dos valores ambientais existentes, con especial atención ós hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario e os

elementos do patrimonio cultural. A localización e coordenadas UTM destes aeroxeradores, así como a disposición das súas infraestructuras asociadas establecerase, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e reciba informe favorable a documentación requirida no punto 11.1 da DIA».

2. Na táboa de coordenadas UTM dos aeroxeradores con posicións definidas, con carácter provisional á vista do novo condicionado, introdúcense as dos aeroxeradores da zona de Pena Montrol, segundo se indica a continuación:

AeroxeradorUTM XUTM Y

T-1201622.2954.811.090

T-1202622.3994.810.968

T-1203622.5314.810.900

T-1204622.6634.810.893

T-1205622.7854.810.847

No punto 7.-Protección do patrimonio cultural, introdúcense as seguintes modificacións:

1. Elimínase o primeiro parágrafo, onde di:

«Tendo en conta a excepcionalidade, tanto polo seu carácter único en Galicia como pola súa abundancia, do rexistro arqueolóxico detectado na zona de importancia arqueolóxica denominada Pena Montrol, non se poderán levar a cabo as obras previstas na antedita área, que comprenden a instalación dos aeroxeradores T-1201 ó T-1205 e tódalas súas infraestructuras asociadas, incluíndo o centro de recollida de media tensión MTT-1».

2. No seu lugar, introdúcese o seguinte condicionado:

As obras proxectadas na zona de importancia arqueolóxica denominada Pena Montrol (aeroxeradores T-1201 ó T-1205 e tódalas súas infraestructuras asociadas, incluíndo o centro de recollida de media tensión MTT-1) poderanse executar cos seguintes condicionantes:

* Establécese unha cautela efectiva nesta zona, o que supón a exclusión de calquera tipo de acción por parte do proxecto mentres non teñan lugar actuacións arqueolóxicas que propicien o levantamento da antedita cautela.

* As intervencións arqueolóxicas necesarias para os efectos anteriores son as recollidas no documento Estudio de impacto arqueológico del parque eólico Álabe-Terral. Addenda Informe Final, e terán que levarse a cabo previamente ó inicio das obras.

* Os resultados destas actuacións terán que recibi-lo informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para o levantamento da cautela e posterior inicio das obras.

* Deberá realizarse un programa de corrección do impacto arqueolóxico, que incluirá as medidas correctoras, sondaxes... etcétera, recollidas no docu

mento Estudio de impacto arqueológico del parque eólico Álabe-Terral. Addenda informe final. Para tal fin, previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

De acordo cos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo se revisarán os impactos e se valorará a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

3. O quinto parágrafo, onde di:

«Levarase a cabo un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural».

Substitúese por:

«Levarase a cabo un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque, que incluirá as actuacións de control arqueolóxico que se deriven na zona de Pena Montrol, polo que, previamente ó inicio das obras, se elaborará un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural».

No punto 11.-Documentación adicional, introdúcense as seguintes modificacións:

1. No punto 11.1 elimínase a segunda entrada, onde di:

* «Proposta de localización alternativa para os aeroxeradores T-1201 ó T-1205 e tódalas súas infraestructuras asociadas, conforme o indicado no punto 1 da DIA».

2. Introdúcese un punto 11.1 bis.-, redactado nos seguintes termos:

Documentación resultante das intervencións arqueolóxicas necesarias na zona de Pena Montrol,

así como os resultados do programa de corrección do impacto arqueolóxico, conforme o indicado no punto 7 da DIA, xunto cunha memoria-resumo onde se detallen os cambios que fose preciso introducir, se é o caso, na configuración do parque.