Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se lle concede ó Centro de Estudios Delta a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de productos petrolíferos (PPL) das categorías IP-I e IP-II.

Examinada a solicitude e a documentación anexa presentada por Jesús Feijoo Sumay, en representación de Centro de Estudios Delta con CIF 35432288-Y e domicilio na rúa das Cunchas, 8, baixo de Sanxenxo, Pontevedra, na que solicitaba a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de PPL.

Feitos.

Con data do 26 de xuño de 2002, Jesús Feijoo Sumay, en nome e representación do Centro de Estudios Delta, presentou escrito solicitando ó amparo da Orde do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado par a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial (DOG do 16 de xaneiro de 2001), e da Orde do 21 de novembro de 2001 pola que se desenvolve o Decreto 306/2001, do 15 de decembro, pola que se regulan os procedementos para a obtención dos carnés profesionais e as autorizacións a empresas dedicadas á montaxe, mantemento e reparación de instalacións de productos petrolíferos, que lle fose concedida a cualificación como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 13 da citada Orde do 27 de decembro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo e 2563/1982, do 24 de xullo, nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro e 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, con relación á Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se

establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Jesús Feijoo Sumay acredita que ó Centro de Estudios Delta cumpre coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgarlle o Centro de Estudios Delta a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador de productos petrolíferos para as categorías IP-I e IP-II, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos, deberáselle comunicar á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia onde se impartan, antes de inicia-los cursos, datas de inicio, programa, profesorado, listas de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización, así como presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Poderase, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, revogarse a autorización á dita entidade no caso que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000, DOG do 16-1-2001.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data da súa notificación, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas