Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas).
Denominación: L.M.T. de C.T. Vilamaior a C.T. Campo do Sino.
Situación: Ordes.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 10/20 kV de 635 m de lonxitude en conductor de aluminio LA-30, que parte do C.T. Vilamaior a C.T. Campo do Sino. Concello de Ordes.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación pro
vincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 16 de agosto de 2002.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións