Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 02 de outubro de 2002 Páx. 14.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de setembro de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relaciona apertura de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rodríguez Fuente, Ramón).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de imposición de sanción pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Lugo en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na Ronda da Muralla 70, 1ª planta, Lugo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 9 de setembro de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Rodríguez Fuente, Ramón (34120647-D), r/ Curros Enríquez, 33, Monforte de Lemos, Lugo.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns; apertura de expediente sancionador; expediente 863/2001.