Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.299

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

NOTIFICACIÓNS da providencia de constrinximento por edicto-Dependencia Rexional de Recadación da Coruña.

Por este edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou que alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para se faceren cargo delas, fáiselles saber que:

Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) que, ó non ser satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso en período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o xefe da dependencia de recadación acordou:

«En uso das facultades que me confiren os artigos 100, 106 e 169 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, no caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

Recursos.

Recurso de reposición ante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da recepción desta notificación ou reclamación económico-administrativa ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen se poderen simultanear ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.

Motivos de impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión desta.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas en período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa da Delegacion Administración da AEAT.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido noa artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral presupostaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas.

No caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutiralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

a) Recibida a notificación entres os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil seguinte.

b) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia do interesado.

Queda advertido o debedor de que pode comparecer, por si mesmo ou por medio de representante, no expediente executivo que se lle segue. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparece-lo interesado, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

ANEXO

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. trib.Clave liquidaciónImporteF. pro. const.

B15357031

Almacenes Golan, S.L.

Lg. La tablilla, 43, Cerceda

100398 sancións tributarias

Non at. req. v. dec.

A1560002506018286180,3026-6-2002

A15073935

Autoservicios internacionales

R/ Meixonfrío, s/n, Santiago de Compostela

100103 IRPF retención traballo persoal

190 retención traballo persoal

A150790141600157423.111,3626-4-2002

B15046204

Establecimientos Ecsa, S.L.

R/ Desiderio Varela, 4, Carballo

100103 IRPF retención traballo persoal

110 retención traballo exercicio 2002, período 1T

A1501902540000027623,2613-5-2002

B15046204

Establecimientos Ecsa, S.L.

R/ Desiderio Varela, 4, Carballo

100116 IRPF retencións ing. a cta. ar.

115 retención arrend. in. exercicio 2002, período 1T

A15019025400000381.205,4113-5-2002

B15068547

Obras Construcciones A. Santos

R/ Breogán, 61, Ferrol

Sanción tráfico 150045976815, C-9177-BK1610102083147085180,3016-4-2002

A15039241

Sociedad Policlínica Virgen de

R/ Real, 83, Ferrol

2000/003932 incumprir depósito cta. 1M248000215000278418.189,0424-4-2002