Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAMARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 23 de setembro de 2002, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite urxente, para a contratación por concurso da obra de construcción dun edificio destinado a Casa do Concello e Usos Polivalentes, o que se expón ó público polo prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, polo trámite urxente, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilamarín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

A execución da obra de construcción dun edificio destinado a Casa do Concello e Usos Polivalentes, conforme o proxecto básico e de execución, e anexo redactado por José Ángel Rodríguez Rodríguez e Aurelio Outeiriño Fernández.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

O orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 925.361,66 euros, IVE incluído, desagregado nas seguintes anualidades:

2002: 90.080,36 A (IVE incluído).

2003: 174.220,98 A (IVE incluído).

2004: 321.488,63 A (IVE incluído).

2005: 123.207,69 A (IVE incluído).

2006: 216.364 A (IVE incluído).

5. Prazo do contrato.

As obras son de carácter plurianual (5 anualidades), deberán rematarse e certificarse para cada anualidade de execución, dentro dos tres primeiros meses de cada exercicio, salvo as correspondentes á anualidade do 2002, que deberán estar rematadas e certificadas antes do vindeiro 12 de novembro de 2002.

6. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Domicilio: A Pena-Reádegos.

c) Localidade: Vilamarín, C.P. 32101.

d) Teléfono: 988 28 60 00.

e) Fax: 988 28 61 13.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 4, 5, 6, categoría do contrato d.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite: para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Vilamarín.

10. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Vilamarín.

b) Data: ás catorce horas do segundo día hábil posterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

11. Gastos dos anuncios.

Os gastos dos anuncios serán sempre por conta do adxudicatario.

Vilamarín, 25 de setembro de 2002.

O alcalde

Rubricado