Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de poxa pública para o alleamento dun predio de propiedade municipal.

Obxecto: o alleamento dun soar sito entre a avda. Xeneral Franco e a rúa Magdalena da vila de Santa Marta deste termo municipal, para a construcción de dous edificios para vivendas suxeitas a protección pública e aparcamento no subsolo dos mesmos, de conformidade co proxecto redactado polo arquitecto municipal Vicente M. Sambade Zarzosa e coas condicións establecidas no prego que rexe a convocatoria aprobado polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 26 de xuño de 2002.

Información: Secretaría Municipal, Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación ata as 14 horas do día dentro do prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 20 de setembro de 2002.

Antonio Campo Fernández

Alcalde