Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2002 pola que se anuncia concurso aberto para o outorgamento dunha concesión administrativa para a ocupación das instalacións de dominio público portuario da nova lonxa do porto da Illa de Arousa, para a prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa. (Expediente 13-04-02-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Número do expediente: clave 13-04-02-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento dunha concesión administrativa para a ocupación e utilización dos bens de dominio público portuario constituídos polas instalacións do edificio da nova lonxa do porto da Illa de Arousa para a explotación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

b) Lugar da concesión: A Illa de Arousa (Pontevedra).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: 797,56 euros.

Definitiva: a especificada no prego de bases do concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases do concurso.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 5A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios. Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia