Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002 pola que se dá publicidade á adxudicación dos contratos administrativos especiais dos servicios de cafetería dos centros sociais de Celanova e Ribadavia (Ourense), anunciados no Diario Oficial de Galicia do 27 de maio deste ano.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais de Ourense

RESOLVE:

Adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación do servicio de cafetería do Centro Social de Celanova (Ourense).

Adxudicatario: José Nieves Calvo.

Canon de explotación: trinta e seis euros con seis céntimos (36,06 euros).

Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata un (1) ano. Pode ser prorrogable ata 10 anos.

Garantía definitiva: trinta euros con cinco céntimos (30,05 euros).

-Contratación do servicio de cafetería do Centro Social de Ribadavia (Ourense).

Adjudicatario: Antonio Rosendo Fernández.

Canon de explotación: trinta e seis euros con seis céntimos (36,06 euros) anuais.

Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata un (1) ano. Pode ser prorrogable ata 10 anos.

Garantía definitiva: trinta euros con cinco céntimos (30,05 euros).

Ourense, 2 de setembro de 2002.

Cristina Fernández Rodríguez

Delegada provincial de Ourense