Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de setembro de 2002, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan aperturas de trámite de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Pernas Rodríguez, Manuel e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámtie de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora do Distrito Hipotecario de Mondoñedo en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na avenida San Lucas, 9, Mondoñedo, Lugo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 9 de setembro de 2002.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Pernas Rodríguez, Manuel (33702098-Z)

R/ Benidorm, 32, Madrid

Imposto sobre sucesións e doazóns; apertura do trámite de audiencia; exp. 17/01

Edrosa Lozano, Julio (32409376-F)

R/ Salgado Somoza, 8, 1º, A Coruña

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; apertura do trámite de audiencia; exp. 137/01