Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 01 de outubro de 2002 Páx. 14.274

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 17 de setembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, lista B, de conformidade coas resolucións do 30 de maio e 11 de xullo de 2002.

Detectados erros nas listas ás que se refire a citada resolución, publicada no DOG nº 185, do 25 de setembro, unha vez emendados estes, procédese a darlles publicidade de novo nos lugares ós que se fai referencia na Resolución do 17 de setembro de 2002.