Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o contrato ten por obxecto a xestión integral do servicio público de abastecemento e saneamento de auga do Concello de Oroso, na modalidade de concesión administrativa.

b) Prazo de execución: vinte anos prorrogables por outros cinco máis, ata o máximo establecido no artigo 157 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso consonte o prego de cláusulas económico-administrativas aprobado pola Comisión de Goberno en sesión de data 17 de setembro de 2002. O prego de cláusulas económico-administrativas sométese a información pública xuntamente coa convocatoria de licitación e a presente licitación aprazarase no suposto de que se formulasen reclamacións contra el no prazo de 8 días contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, a teor do disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

4. Orzamento base de licitación.

O previsto na cláusula 30 do prego.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 168.000 euros.

6. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da última das publicacións do presente anuncio no BOP e no DOG.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello en horario de 9 a 14 horas, ou a través de calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de plicas.

Ás trece horas do terceiro hábil ó remate do prazo de proposicións (no caso de que sexa sábado trasladarase ó seguinte hábil), a mesa procederá á apertura dos sobres B e C de documentación.

Ás catorce horas do sétimo día hábil posterior a aquel en que teña lugar a cualificación dos documentos pola mesa de contratación (sobres B e C), celebrarase o acto público de apertura das proposicións económicas (sobre A), constituíndose para estes efectos a mesa (en caso de coincidir en sábado trasládase ó seguinte hábil).

8. Modelo de proposición e de sobre.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Oroso.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: 15884, Sigüeiro-Oroso.

d) Teléfono: 981 69 14 78/981 69 16 80. Telefax: 981 69 17 86.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Oroso, 18 de setembro de 2002.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde