A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 10-9-2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 38, sita en Meicende, tramitado de oficio (sistema de cooperación), o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.
Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencia do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes.
Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada a mesma non se puidese practicar, sirva o presente anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se prevén no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Arteixo, 17 de setembro de 2002.
P.D. (Decreto 587/1999)
María Isabel Vila Vilas
Primeira tenente de alcalde