Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica subestación eléctrica Faro 132/30 kV, concello de Chantada. (Expediente 013/2002 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalacións de enerxía eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

-Peticionario: Enerfin, S.A.

-Finalidade: evacuación da enerxía xerada nos parques eólicos Penas Grandes, Chantada, Monte Cabeza e Farelo.

-Características técnicas principais:

Subestación transformadora 132/30 kV, composta por unha posición de barras de 132 kV, dúas posicións de liña de 132 kV, tres transformadores principais 132/30 kV de 50,40 e 15 MVA ONAF de potencia nominal unitaria e dous transformadores para servicios auxiliares 30/0,4 kV de 125 kVA ONAN de potencia nominal unitaria, todo iso cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así

mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta Delegación Provincial (Edificio Administrativo-Rolda da Muralla, 70, Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 10 de setembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de bens e dereitos afectados sen acordo

(T.M. Chantada)

Catastro

ParcelaLugarPropietarioEnderezoPolígonoParcelaS.E. (m)

3Coto dos PíosMaría Novoa OteroEira da Concha, 9

15173 Santa Cruz-Oleiros (A Coruña)

291571.035

5Coto dos PíosJosefina Saa VázquezBayón Tras do Río

Vilanova de Arousa (Pontevedra)

291501.548

Lenda:

S.E.: superficie de expropiación en pleno dominio.