Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia técnica para a preparación, desenvolvemento, implantación e axuste dun sistema de xestión para o ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: ente público Portos de Galicia.

2. Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a preparación, desenvolvemento, implantación e axuste dun sistema de xestión para o ente público Portos de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: noventa e cinco mil trescentos oitenta e un euros (95.381 A), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: non se esixe.

b) Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista: segundo o especificado no prego de prescricións técnicas.

7. Prazo de execución: doce meses.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa nº 5-A, 6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02. Fax: 981 54 53 24.

e) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

f) Enderezo na Internet:

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de solicitudes rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o establecido na cláusula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Modelo de proposición: o que figura como anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación de solicitudes: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia (ou na forma establecida no artigo 80.4º do Real decreto 1908/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas).

e) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

f) Admisión de variantes: admítense variantes.

10. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, nº 10, 4º (Área Central).

c) Localidade: 15707, Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

11. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

12. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia