Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación con carácter de contrato administrativo especial dos servicios de perruquería do Fogar do Maior da Coruña, e podoloxía da Residencia do Maior de Ferrol, Residencia do Maior da Pobra do Caramiñal, Residencia do Maior Torrente Ballester, Fogar do Maior da Coruña e Fogar do Maior de Ferrol.

Esta delegación provincial, de conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais na Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: explotación dos servicios de perruquería no Fogar do Maior da Coruña, e de podoloxía nas residencias do Maior de Ferrol, Poboa, Torrente Ballester e os Fogares do maior da Coruña e Ferrol.

b) Lugar de execución:

Exp. 8/02: Fogar do Maior da Coruña (rúa Pensamentos s/n, 15008 A Coruña).

Exp. 9/02: Residencia do Maior de Ferrol (rúa Pardo Bazán s/n, 15406 Ferrol).

Exp. 10/02: Residencia do Maior de Poboa (rúa Venecia s/n, 15940 A Pobra do Caramiñal).

Exp. 11/02: Residencia do Maior Torrente Ballester (Agra de San Amaro s/n, 15002 A Coruña).

Exp. 12/02: Fogar do Maior da Coruña (rúa Pensamentos s/n, 15008 A Coruña).

Exp. 13/02: Fogar do Maior de Ferrol (rúa Real 1-7, 15402 Ferrol).

c) Prazo de execución: un (1) ano, prorrogable por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimiento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon mínimo de explotación:

a) Importe total:

Expte. nº CentroCantidade

8/02 Perruquería Fogar do Maior da CoruñaCento dez con trinta e dous euros

(110,32 euros)

9/02 Podoloxía Residencia do Maior de Ferrol Trinta euros (30 euros)

10/02 Podoloxía Residencia do Maior de Poboa Trinta euros (30 euros)

11/02 Podoloxía Residencia do Maior T. Ballester Trinta euros (30 euros)

12/02 Podoloxía Fogar do Maior da Coruña Trinta euros (30 euros)

13/02 Podoloxía Fogar do Maior de Ferrol Trinta euros (30 euros)

5. Garantía:

a) Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dirección: Gregorio Hernández, 2-4, 2º.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15011.

d) Teléfono: 981 18 58 03/06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

f) Internet: www.xunta.es/contratacion

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o prazo de presentación de proposicións, dende as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais así como na Secretaría Xeral da Consellería en Santiago de Compostela.

7. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Prazo de presentación: será de dez días naturais contados dende o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Forma de presentación: a documentación que integrará as ofertas, deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Servicio de Xestión Económica da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais da Coruña, rúa Gregorio Hernández, 2-4, 2º. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

de procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicarse no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax (enderezo indicado no punto 6).

8. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses dende a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Enderezo: Concepción Arenal, 7-9.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sétimo (7º) día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se cadrara en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións:

Nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido, e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio:

Serán por conta dos adxudicatarios cun prezo máximo de 93 A por expediente.

A Coruña, 2 de setembro de 2002.

Mª José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña