Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/240-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Rosalía de Castro-r/ Rafael Tilve.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 165 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. existente no edificio Wenceslao Lemos ata o C.T. que se proxecta no edificio Rosalía de Castro, na rúa Rafael Tilve, no concello de Salceda de Caselas, de 630 kVA, R.T. 15/20 kV-230/398 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 18 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra