Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Parque-r/ Rafael Tilve-r/ Coruña.
Situación: concello de Salceda de Caselas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a L.M.T. Salceda grupo-Salceda lugar ata o C.T. que se proxecta no edificio Parque, entre as rúas Rafael Tilve e Coruña, no concello de Salceda de Caselas, con dous trafos de 630 kVA cada un, R.T. 15/20 kV-230/420 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 18 de xuño de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra